Soñaba cun longo camiño,
cal triste camiño de conto.
Camiños da nenez sen fin.
Era avanzar como fuxir.
Tódolos contos eran tristes.
A nai morre, o neno parte…
Agora dou pasos na area.
O gran rastro nas costas pesa.
¡Oh cómaro e bosque profundo!
Axiña a paisaxe mudaba.
O que quería se me esvae,
topaba cos freos do mundo.
Amor que esta fora da vía.
Man que, baleira, hei de pechar,
que apertara o que non quería.
Non ten ledicia o que se soña.
Era tan só como un rumor
de abellas, canción de inquietude…
O camiño vaise na dor
e é de tarde a súa cor.
Non falta unha rara beleza.
¿Non queres pecharte, mirada,
medio cansazo e avidez?
¿Quere o desexo nova presa?
¡Grande e míudo vexo o botín
se nunha revolta me viro!
Non has de ter mai s que ata aquí.
O home ten breve camiño.
Declarat amb el vent (1962)